EL TREN EN LA MEMORIA

D. Xosé Manuel Pereiro Sánchez, Xornalista e Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

D. Xosé Manuel Pereiro Sánchez

¿CÁLES SON AS SUAS PRIMEIRAS LEMBRANZAS DO TREN?
Os viaxes que facía a Lugo para ir ó médico. Preparábanme para pasar o “túnel largo” de Oural. Ahora cando viaxo non me parece tan largoSempre me gustou incluso cando eran auténticos martirios, como cando estaba de estudante en Madrid, e ás veces tiña que facer os traxectos de pé. Pero incluso desa época gardo bos recordos do tren, percorrelo para ver quén ía nel, atopar amigos…


¿RESÚLTANLLE GRATOS ESOS RECORDOS?
Si, sempre. Gustábame pasear polo tren, era como camiñar por unha cidade rodante.


¿LEMBRA A SUA PRIMERA VIAXE EN TREN?
Non con detalle porque era moi pequeno, pero recordo a primeira vez que fun a Ourense e quedei impresionado pola beleza da paisaxe; debe ser un dos percorridos mais fermosos do mundo. É un auténtico travelling da Ribeira Sacra, con ese remate de película, chegando a Ourense, no que hai auga aos dous lados da vía.

¿USA OU TEN USADO O TREN COMO MODO DE TRANSPORTE?
En determinados percorridos, onde o tren presta un bo servizo, rápido, cómodo e incluso podes traballar mentres fas a viaxe. Hai pouco fixen o percorrido Coruña – Monforte e, despois de sair de Betanzos, a paisaxe dende o tren revela unha visión do campo civilizado europeo, pero claro, ese valor engadido non o converte nunha alternativa real de transporte cando non teñen eses características de rapidez ou frecuencia de servizo.

¿QUÉ PENSA DA EVOLUCIÓN DE ESTE MODO DE TRANSPORTE?
Evolucionou moito técnicamente pero, tendo en conta que ten todas as condicións para ser o medio de transporte terrestre do futuro: público, limpo, rápido, máis barato e de menor impacto; se con estas características non chega a ser ese modo de transporte do futuro, quizáis sexa por que non conte cos apoios necesarios. E non é que o pense, téñoo reivindicado bastantes veces en columnas de opinión.


¿PENSA VOSTEDE QUE O FERROCARRIL FOI UN ELEMENTO IMPORTANTE PARA O DESENRROLO SOCIOECONÓMICO DE GALICIA?
As chegadas do ferrocarril a Galicia sempre foron decisivas, pero sempre chega tarde. Recordo ter visto nun despacho da Estación de A Coruña o proxecto ferroviario da Sociedad Económica de Amigos del País , de finais do século XIX, e propoñían un mapa ferroviario moi lóxico, moito máis completo e ambicioso que o que hai hoxe. O ferrocarril tería que xogar un papel máis importante no entorna das grandes cidades e nesa sucesión de pequenas estaciós que se suceden en determinados traxectos


Fermín Avellaneda e Xosé Manuel Pereiro, nun intre da entrevista

¿CÓMO VE VOSTEDE O FUTURO DO FERROCARRIL GALEGO?
Sen dúbida é o futuro, pero terá o futuro que lle queiran dar. Para o transporte entre as grandes cidades ou para mover grandes masas de poboación arredor delas, a solución é ferroviaria, sobre todo pensando que ten unas características moi interesantes dende o punto de vista ecolóxico, de aforro enerxético, de comodidade e economía para o usuario e tamén para o alivio do tráfico das propias cidades.


El tren en la memoria